mércores, 26 de xuño de 2024

Marie Curie

 
 O alumnado de 2º e 3º de ESO visionou unha biografía adaptada en inglés sobre esta científica, e realizou unha actividade de verdadeiro e falso sobre a información. 
 
Logo disto, reflexionaron sobre a importancia de Marie Curie, non só no eido científico, senón tamén no eido social, xa que foi recoñecida mundialmente polos seus logros, demostrando que nunca hai que deixar de loitar polos nosos soños.
 
 



 

mércores, 19 de xuño de 2024

Mulleres na poesía

Co gallo do Día do libro, o alumnado da ESO da materia de Lingua Castelá e Literatura, realizou un traballo de investigación sobre a influencia feminina na poesía. Como resultado, xurdiu unha exposición na que explicaron a biografía e a importancia de cada unha das poetisas elixidas.
 
A continuación, podedes ver algún exemplo da exposición, con mulleres como: Elvira Sastre, Luna Miguel, Patricia Benito, Audre Lorde, Margaret Atwood ou Josefina de la Torre, entre outras.  
 



 
 
 

Concepción Arenal

Concepción Arenal foi unha escritora, periodista e activista pioneira dos movementos feministas pola igualdade de xénero ao longo do século XIX. Dende a materia de Lingua Castelá e Literatura, o alumnado foi quen de comprobar a súa relevancia no mundo editorial e no ámbito xornalístico. 
A súa aportación trascende ao ámbito literario, xa que pode dicirse que con ela nace o feminismo en España. Tivo un papel fundamental na educación da muller, chegando a afirmar  "es un error grave, y de los más perjudiciales, inculcar a la mujer que su misión única es la de esposa y madre;equivale a decirle que por sí no puede ser nada, y aniquilar en ella su YO moral e intelectual, preparándola con absurdos deprimentes a la gran lucha de la vida, lucha que no suprimen, antes la hacen más terrible, los mismos que la privan de fuerzas para sostenerla".
Do mesmo xeito, foi a primeira muller Visitadora de Prisións de A Coruña.
 
Para comprobar a importancia da súa figura, o alumnado de 4º ESO visionou o documental sobre a súa vida e obra, para despois establecer un profundo debate.
Adxuntamos a ligazón do documental, para que todo aquel que o desexe poida velo e coñecer a importancia que tivo na literatura e na historia de España Concepción Arenal.
 
 

Marie Curie

    O alu mnado de 2º e 3º de ESO visionou unha biografía adaptada en inglés sobre esta científica, e realizou unha actividade de verdadeiro...