martes, 4 de xuño de 2024

Mulleres que inspiran

O alumnado da ESO da materia de Educación Física, fixo unha actividade para o recoñecemento e posta en valor das mulleres no mundo do deporte. Así, puideron aprender sobre os logros de mulleres deportistas de diversos ámbitos como:

Marta García, pilota de automobilismo; é a raíña da F1 Academy, categoría que fomenta a chegada de mulleres á cima do automobilismo.
 
Serena Williams, tenista estadounidense; gañadora de 23 títulos de Grand Slam.
 
Ana Peleteiro, deportista galega especialista na proba de triple salto; gañadora de 21 Campionatos de España e 11 medallas a nivel Internacional.
 
Marta Vieira da Silva, futbolista brasileña; xoga como dianteira no Orlando Pride da National Women's Soccer League dos Estados Unidos.
 
Agardamos que as nenas de Zas poidan ter cada vez máis referentes deportistas!
 





 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Marie Curie

    O alu mnado de 2º e 3º de ESO visionou unha biografía adaptada en inglés sobre esta científica, e realizou unha actividade de verdadeiro...