martes, 30 de maio de 2023

Os bolechas pola Igualdade

 As nenas e nenos de 2º de Educación Primaria, realizaron a actividade de contacontos cooperativo "OS BOLECHAS POLA IGUALDADE", co material facilitado polo Plan Proxecta "Donas de si". 

"Na casa dos Bolechas mulleres e homes axudan por igual nas tarefas diarias. Mamá e papá Bolechas educan as fillas e fillos en igualdade. 

Porque se educamos en igualdade viviremos en igualdade!"









xoves, 18 de maio de 2023

Mulleres no deporte

    Educar en igualdade debe ser un obxectivo transversal en todo o currículo educativo. Dende o CPI de Zas, dámoslle moita importancia a visibilizar ás mulleres nos diferentes ámbitos e disciplinas, co fin de construir referentes para as nosas alumnas.

Aquí podedes ver unha actividade que tivo lugar en Primaria na materia de Educación Física, na que as nenas e nenos xogaron a visibilizar o deporte feminino mediante un divertido DITADO DEPORTIVO.

 








As mulleres na historia da música

 Deixámosvos unha mostra da actividade "As mulleres na historia da música", realizada polas alumnas e alumnos de 6º de Educación Primaria na materia de Música, para visibilizar os referentes femininos neste ámbito. 

 









 

Marie Curie

    O alu mnado de 2º e 3º de ESO visionou unha biografía adaptada en inglés sobre esta científica, e realizou unha actividade de verdadeiro...