Comezamos a andanza de DONAS DE ZAS, amosando o traballo realizado polas alumnas da materia de Cultura Científica de 4º da ESO.
Ao longo da historia, a aportación das mulleres nas disciplinas científicas foi infravalorada. Foron moitas as dificultades coas que se atopaban polo único feito de ser mulleres; chegando mesmo a ter que agocharse tras seudónimos ou renunciar á publicación dos seus traballos. Porén, moitas mulleres loitaron contra as trabas sociais, deixando unha pegada importante no mundo científico.
O 11 de febreiro, conmemorouse o Día Internacional da muller e da nena na ciencia, reivindicando o recoñecemento das mulleres científicas, que durante séculos foron invisibilizadas do mundo académico pola súa condición sexual.
Actualmente, a presenza feminina no ámbito científico continúa estando infrarrepresentada, de aí a importancia de fomentar a vocación pola investigación entre as nosas alumnas.
Deixámosvos unha pequena mostra do produto final da actividade, un mural de mulleres científicas situado no corredor do centro, resultado dun proceso de investigación a través das TIC e da análise crítica sobre o papel da muller nas ciencias.
Cantas mulleres científicas sairán do CPI de Zas?
Ningún comentario:
Publicar un comentario