No marco das actividades do 8 de marzo, as alumnas e alumnos de Educación Infantil do CPI de Zas, tiveron a sorte de coñecer a figura da nosa artista viveirense Maruxa Mallo, da man de “Polo correo do vento”.
Con esta iniciativa artística enmarcada no proxecto DONAS DE SI, pretendemos recuperar e pór en valor o traballo das mulleres da nosa comunidade.
Deixámosvos unha mostra deste orixinal Contacontos ilustrado, no que aprendemos un pouquiño da vida e obra desta artista galega ao ritmo do ukelele.
Ningún comentario:
Publicar un comentario