luns, 27 de novembro de 2023

Bruxa tiñas que ser

Co gallo do Samaín, dende o CPI de Zas decidimos dar a coñecer a verdadeira historia das bruxas. 
 
Na Idade Media, as bruxas eran mulleres que xeraban coñecemento e que eran precisamente perseguidas por este motivo; por saber de medicina, ser parteiras e libres pensadoras. 
 
Neste Samaín quixemos afastarnos da figura da bruxa como muller mala e terrorífica, e pór en valor as bruxas como as primeiras feministas da historia.
Así, fixemos unha viaxe a través dos contos tendo en conta o tema anual da biblioteca, "as viaxes", e coñecimos exemplos de bruxas "diferentes" que coa súa sabedoría axudaron a cambiar o mundo.
 
Agardamos que vos guste a exposición "BRUXA TIÑAS QUE SER". 
 


















 


Marie Curie

    O alu mnado de 2º e 3º de ESO visionou unha biografía adaptada en inglés sobre esta científica, e realizou unha actividade de verdadeiro...