Co gallo do Samaín, dende o CPI de Zas decidimos dar a coñecer a verdadeira historia das bruxas.
Na Idade Media, as bruxas eran mulleres que xeraban coñecemento e que eran precisamente perseguidas por este motivo; por saber de medicina, ser parteiras e libres pensadoras.
Neste Samaín quixemos afastarnos da figura da bruxa como muller mala e terrorífica, e pór en valor as bruxas como as primeiras feministas da historia.
Así, fixemos unha viaxe a través dos contos
tendo en conta o tema anual da biblioteca, "as viaxes", e coñecimos
exemplos de bruxas "diferentes" que coa súa sabedoría axudaron a cambiar
o mundo.
Agardamos que vos guste a exposición "BRUXA TIÑAS QUE SER".
Ningún comentario:
Publicar un comentario